O vindeiro 23 de outubro acolle a representación do espectáculo “A nena que quería navegar”, de Redrum Teatro
O Auditorio Municipal de Ourense acollerá o vindeiro 23 de outubro a estrea do espectáculo teatral “A nena que quería navegar”, que loita contra o acoso escolar. Está protagonizado pola actriz ourensá Laura Míguez e Guillermo Carbajo, da compañía Redrum Teatro, e conta coa colaboración de Agadic. Trátase dunha comedia familiar que buscará previr situacións de acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e mellora da autoestima dos rapaces.