DeportesÚltima hora

O Club de Petanca A Rúa organiza o “Gran bolazo navideño” para o 23 de novembro no Aguillón

 

Membros do Club Petanca A Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A afección pola petanca segue sumando adeptos en Valdeorras e para todos eles está pensado o novo campionato organizado polo Club de Petanca A Rúa.

Trátase do “Gran bolazo navideño” que se celebrará o vindeiro sábado 23 de novembro no Campo de Petanca do Concello da Rúa, no Aguillón, en horario de 9 a 13 horas e de 15 ata remate.

Haberá premios por tripletas (primeiro, segundo, terceiro e consolación) e tamén agasallo para todos os participantes.

Artigos relacionados

Back to top button