Nova semana de actuacións ambientais con este animoso grupo de voluntariado que son os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense. Por unha banda, no Colexio Plurilingüe Divina Pastora clasificaban os tapóns solidarios con destino á causa solidaria do CEIP Seixalbo; as pilas usadas que se levanao colexi;, e os xornais usados que a profesora Cristina Bravo leva á Protectora de Animais.

A campaña ‘O Mar empeza aquí’ de recollida de cabichas levounos á Pista Vermella de Barros Sibelo onde xogarob un novo partido de fútbol camiñando, non correndo, e uns encestes en vasos con pelotas de tenis de mesa.
Nesta semana de actuacións, enmárcanse no programa de Educando en Sustentabilidade de Teachers for Future, destacan a retirada dun somier; e a entrega do diploma de monitores a Edgar, Claudia e Gabriel Gil.

Fotos cedidas.



