EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A conselleira do Medio Rural visita a adega valdeorresa A Tapada, situada en Rubiá

Esta adega era distinguida recentemente nos Premios Alimentos de España ao mellor viño branco

 

Ata a adega A Tapada, pertencente á D.O. Valdeorras e situada en Rubiá e recentemente distinguida nos Premios Alimentos de España ao mellor branco, desprazábase á conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; e polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, así como polo alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez, e o seu tenente de alcalde, Ignacio Doce, e polo presidente do CRDO Valdeorras, Marcos Prada, entre outras autoridades. Alí, poñía en valor a excelente calidade dos viños que se producen nesta DO, poñendo como exemplo esta adega familiar.

Neste sentido, trasladaba os seus parabéns a María del Carmen e a Senén Guitián, os irmáns propietarios de Bodegas A Tapada, polo premio, o que, dixo, exemplifica o seu bo facer dentro do sector vitivinícola, especialmente na produción da variedade godello na zona.

 

 

Ademais a conselleira referíase aos bos datos obtidos pola Denominación de Orixe Valdeorras na vendima deste ano con máis de 8,2 millóns de quilos de uva recollidos, o que supón a mellor colleita da última década na DO. En xeral, a campaña deste 2024 no conxunto de Galicia foi positiva, na que se recolleron algo máis de 74 millóns de quilos, a segunda mellor colleita desde o 2015 e que só foi superada pola do pasado ano.

 

 

Así mesmo, María José Gómez, reafirmaba o apoio do Goberno galego a prol do sector vitivinícola de cara ao 2025. Neste sentido, destacou que este mesmo mes aprobouse no Consello da Xunta unha nova convocatoria de axudas para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, dotada con 11,4 millóns de euros. Isto supón, engadiu, un incremento do 75% con respecto a anterior convocatoria.

 

 

María José Gómez salientou que estas achegas apoian ao sector vitivinícola para mellorar o rendemento global das empresas e a súa adaptación ás demandas dos mercados, así como para aumentar a súa competitividade.

Fotos e vídeos: O SIL.

 

 

Back to top button