ConcellosÚltima hora

Liberan ao ocupante dun turismo, atrapado polos pés tras chocar con outro coche na N-120, na Pobra do Brollón

 

Na tarde deste sábado 23 de novembro os Bombeiros de Monforte liberaban ao ocupante dun turismo, atrapado polos pés tras unha colisión con outro coche na Pobra do Brollón, tal como informan dende o 112 Galicia.

Segundo a información recollida no servizo de emerxercias, “o accidente produciuse pasadas as 19 horas na N-120, no punto quilométrico 505”, sendo un particular quen chamaba, indicando que “bateran dous coches e había un ocupante atrapado polos pés”.

Con estes datos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaban a colaboración dos Bombeiros de Monforte, así como dos axentes da Garda Civil, os membros do GES de Quiroga e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Artigos relacionados

Back to top button