A MezquitaConcellosÚltima hora

Unha colisión por alcance na Mezquita deixa a unha persoa atrapada e ferida

 

Contra ás 7 horas da mañá deste 26 de novembro producíase unha colisión por alcance na Mezquita, na que se vían involucrados unha furgoneta e un camión, no que resultaba ferida unha persoa. O sinistro tiña lugar na A-52, no quilómetro aproximado 114, ao seu paso pola parroquia de A Canda.

“Segundo a información recollida polos xestores de emerxencias, unha furgoneta e un camión sufriran unha colisión por alcance, e aínda que ambos vehículos atopábanse na beiravía e non interrompían a circulación, había unha persoa no interior da furgoneta que non era capaz de saír da mesma”, segundo informa o 112 Galicia.

 

 

De inmediato, pasouse aviso aos “membros do GES de A Gudiña, que fixeron uso do seu material de excarceración para liberar ao ferido. Tamén se informou aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil. Con todo e tras ser liberado, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi o encargado de trasladar ao ferido ao centro hospitalario de referencia.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button