
Manzaneda acollía nesta semana a actividade de mesa redonda titulada “O polo conecta coas montañas surorientais da Ribeira Sacra”. A este encontro organizado entre o Concello de Manzaneda e o Polo de Empredemento de O Barco, achegáronse persoas emprendedoras, con idea de emprender e persoas que xestionan establecementos fundamentalmente de Manzaneda, pero tamén se achegaron emprendoras residentes en San Xoán de Río e mesmo emprendedor residente de A Coruña con actividade vitícola na zona.
Na primera parte da xornada, impartida polo técnico municipal de desenvolvemento local de Manzaneda, realizábase unha aproximación a conceptos de emprendemento en zonas rurais e proxectáronse dous pequenos videos das persoas emprendedoras, produtoras e dos pequenos establecementos e actividades de Manzaneda, reflexionando sobre a conveniencia de asesorar o emprendemento no medio rural cos “pés na terra”, sendo o máis realistas posibles; para no crear falsas expectativas. “En Galicia e España, ate agora xogamos con desvantaxe porque non tivemos unha cultura nin una formación emprendedora, sendo moitas veces o autoemprendemento unha certa solución ao non atopar traballo como asalariados”.
Na segunda parte deste encontro, o personl técnico do Polo de Emprendemento de O Barco facía un pequeno resumo dos servizos que poden ofrecer de asesoramento e axuda ao emprendemento e recalcaba que o Polo de Emprendemento do Barco, é o que lle pertence prestar os servizos de asesoramento gratuita aos concellos da montaña suroriental da Ribera Sacra de A Teixeira, Parada de Sil, Castro Caldelas, Montederramo, Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río A Pobra de Trives e Manzaneda.

Do mesmo xeito utilizaron unha metodoloxía de traballo participativo, na que cada unha das persoas asistentes explicou someramente a idea de emprendemento ou actividade que desenvolven ou lles gustaría desenvolver, animando as e os asistentes que solicitaran se o estiman oportuno citas individuais co seu servizo. Esta mesa tiña unha boa acollida por parte dos asistentes, creando entre elas unha rede de contactos.
Finalmente, lembrábase que Manzaneda é un concello adherido á plataforma da Xunta de Galicia desenvolvemento local e dende a área municipal de desenvolvemento rural pódese prestar servizo de asesoramento e información a emprendedores que queiran implantarse; así como tamén se deu conta que existe unha canle de comunicación con emprendedores locais para analizar e planificar actuacións de colaboración e promoción conxunta.
Nas vindeiras semanas, e vista a complexidade de atopar un horario no que podan asistir todos os emprendedores, produtores e persoas que rexentan establecementos de Manzaneda; procurarase realizar sistemas mixtos presencial e videoconferencia para poder tomar acordos en relación a actuacións concretas de promoción e colaboración conxunta.
O Polo de emprendemento de O Barco ubícase na Casa Grande de Viloria- Praza Ramón Otero Pedraio, 11 do Barco co teléfono de contacto 650411554, correo electrónico obarco@polosemprendemento.gal
Do mesmo xeito para dúbidas ou asesorameneto servizo técnico de desenvolvemento do concello de Manzaneda, poden enviar un mail a manzaneda.rural@gmail.com ou chamar aoi teléfono do concello de Manzaneda 988333043 para solicitar cita previa
Por outra banda no enfoque na procura de traballo asalariado e entre outros, de asesoramento na elaboración e achega de curriculums vitae; o concello de Manzaneda, agrupado co de Chandrexa de Queixa e San Xoan de Río prestan o servizo de orientación laboral cos seguintes datos de contado teléfono 988317020 mail orientación.manzaneda@gmail.com