EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O orzamento da D.O. Valdeorras será de 1.048.919 euros no 2025

Cedida.

 

O pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras aprobaba hoxe o orzamento para o ano 2025, que ascende a 1.048.919 €, o que supón un 15% ao de 2024. “Son as contas máis altas da historia do organismo vitivinícola, que por primeira vez superan o millón de euros”, segundo indica a D.O. Valdeorras.

A partida máis importante será a de “promoción”, para a que se destinaron 570.000 € co obxectivo de poñer en valor os viños valdeorreses nos mercados nacionais e internacionais, segundo informan dende este organismo.

Back to top button