A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Josefa Fidalgo Ferreiro é a adxudicataria da primeira vivenda pública de alugueiro social do Concello da Rúa

Na mañá deste venres 20 de decembro recibía as chames de mans do tenente de alcalde Luis F. Gudiña

 

Por fin chegou o día e nunhas datas moi especiais. A casualidade quixo que foxe ás portas do Nadal cando se completaba o expediente da primeira vivenda pública de alugueiro social do Concello da Rúa.

 

 

Tras meses de traballo e burocracia que se completaba coa elección da persoa beneficiaria, na mañá deste venres 20 de decembro entregábase, no Salón de Plenos do Concello rues, ás chaves desa primeira vivenda.

 

 

O tenente de alcalde, Luis F. Gudiña, era o encargado da entrega á persoa adxudicataria, Josefa Fidalgo Ferreiro, adiantando que por puntuación foi a persoa elixida das seis solicitantes coas que contan. “Pensamos que é unha das persoas que máis necesita a vivenda neste momento pero estamos xa buscando financiamento para arranxar as outras catro vivendas que temos desafectadas”, dixo Luis, destacando que contan con unha xa preparada e completamente equipada en caso de emerxencia social.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button