O alumnado do Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense de Cultura Clásica e de Latín realizou unha interesante viaxe no tempo a Roma, da man do Senador Bouzada, activo na Garda Civil desde hai xa 35 anos. “As calzadas, os miliarios, o circo e o coliseo, os carros e as pontes… Unha clase histórica de educación viaria desde as súas orixes”, asegura o profesor Gonzalo Sánchez.

Daniel Fernández de Cartelle era o encargado de dar o testemuño de vida de alguén que sufriu o que Bouzada define como “mal chamado accidente de tráfico”. Así, o alumnado recibiu a mensaxe clara de “alcol e drogas CERO, de usar o casco en bicicleta, patinete ou moto, e levar o cinto de seguridade”.

Tal como adianta Lalo, os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense levan moitos anos participando en Ourense Educa e Involucra co Colexio Cardeal Cisneros, e no Plan Proxecta Mobilidade Sostible e Segura, e o Programa Stars España de Desprazamentos Sostibles e Seguros.
Fotos cedidas.



