Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Ruta do Club Peña Trevinca Barco polo Bolo, con parada no Santuario das Ermidas

 

Ata as terras do Bolo desprazábanse a primeira hora deste domingo 19 de xaneiro os membros do Club Peña Trevinca Barco para realizar unha interesante ruta. Tras deixar os seus vehículos nas proximidades do castelo do Bolo, os 12 andaríns do club iniciaban unha marcha dende esta vila, baixando cara As Ermidas.

 

 

Chegaban a esta localidade polo lado do río Bibei e, unha vez alí, realizaban unha visita guiada de aproximadamente unha hora, na que descubrían as orixes, singularidades e valor do conxunto deste santuario mariano da man do seu guía-custodio, José Vega.

Despois, continuaban a ruta, xa acompañados pola chuvia, seguindo o percorrido do Via Crucis, ata a súa derradeira estación, situada no cemiterio. A partir de aí continuaban ata a veciña Santa Cruz e logo, regrasaban á vila do Bolo, onde xantaban no Volobriga.

Fotos: Club Peña Trevinca Barco.

 

 

 

Back to top button