EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Valdeorras amosa a exclusividade dos seus viños na Barcelona Wine Week

 

A Barcelona Wine Week chegaba á súa fin ás 17:00 horas deste 5 de febreiro. Concluía así tres días de feira, desde o pasado luns día 3, conseguindo congregar a maior oferta vitivinícola de todo o territorio español. Nela estivo presente a Denominación de Orixe Valdeorras, a través de 36 referencias de 18 adegas amparadas.

Jorge Mazaira, director técnico do CRDO Valdeorras, cualificaba o evento de “intenso” en canto ao traballo que supuxo recibir un moi elevado número de visitantes cada xornada. “Durante estes días, achegáronse ao stand da D.O. Valdeorras diferentes tipos de público; ademais do mundo do viño, o máis relevante foi o público profesional de restauración”.

Así mesmo, Mazaira incidía en que “a maior parte dese público que decidiu visitar o stand, xa coñecía os nosos produtos, porque agora veñen sabendo o que piden, e moitos piden exclusividade”. Uns produtos que buscaron a diferenciación participando “nunha feira que temos visto medrar cada ano, xa que asistimos, desde a primeira edición, unha evolución que nos fala de dar ao viño a importancia que merece; foi todo un acerto”.

 

 

A Barcelona Wine Week tamén foi para a D.O. Valdeorras un lugar de aprendizaxe, según explica Jorge Mazaira, “sempre a nivel técnico, porque un non deixa de aprender nunca, pero sobre todo a nivel promocional, porque testamos as nosas campañas e sempre aprendemos moito uns dos outros”.

O seguinte gran evento ao que acudirá esta D.O. será o 38º Salón Gourmets de Madrid, do 7 ao 10 de abril e, posteriormente, á 13ª edición de Fenavin, que se celebrará do 6 ao 8 de maio en Ciudad Real.

Back to top button