
A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) segue apostando pola dixitalización das empresas da comarca e organiza o webinar “Transformación dixital: reinventando o modelo de vendas e estratexia de márketing”, que se celebrará o próximo 7 de febreiro a través da plataforma Zoom.
Esta sesión en liña, cunha duración dunha hora, ten como obxectivo axudar ás empresas a reinventar o seu modelo de vendas e impulsar a súa estratexia de márketing mediante a dixitalización. Ademais, explicarase como as axudas do Kit Dixital e Kit Consulting poden ser unha ferramenta clave para facilitar este proceso. Contidos do webinar Durante a sesión, abordaranse aspectos fundamentais para a dixitalización empresarial, entre eles: • Axudas do Kit Dixital e Kit Consulting • Reflexións previas sobre o cambio de modelo comercial. • Estratexia de vendas e omnicanalidad. • Reinvención do modelo comercial. • Proposta de valor e segmentación. • Estratexias de comunicación e posicionamento. • Dixitalización do equipo. • Conclusións, retos futuros e axudas para a transformación dixital.
Relator
O webinar será impartido por Cristina Martínez Beamud, Expansion Manager e International Strategy Specialist. Licenciada en Dereito pola Universidade de Valencia e cun máster en Dirección e Xestión da Empresa Internacional, conta con máis de 15 anos de experiencia en institucións públicas e empresas privadas, asesorando en comercio internacional e exportación.
Actualmente, é responsable de expansión en Redflexión Consultores e especialista en intelixencia competitiva e estratexias de márketing para a internacionalización. AEVA anima a empresarios, autónomos e profesionais a aproveitar esta oportunidade