DeportesPiraguismoÚltima hora

O valdeorrés piragüista Adrián Prada estrea a tempada cun bronce no galego de barcos de equipo K2

Nesta mesma proba debutaba na categoría sénior o seu irmán, Raúl, cuxo K2 situábase no posto 30

 

Bo comezo de tempada para o padexeiro valdeorrés Adrián Prada Pérez. Na pasada fin de semana, o sábado día 8 febreiro en Verducido, tomaba a saída no Campionato Galego de barcos de equipo K2 en categoría sénior. Adrián Prada, que compartía barco con Joaquín, facíase coa medalla de bronce. Ambos compiten co Club Rías Baixas Boiro.

Por outra banda, o seu irmán Raúl debutaba nesa mesma categoría sénior. Competía con Sergio Pérez e clasificábanse no posto 30.

 

 

Por outra banda, o sábado anterior día 1 de febreiro celebrábase o Campionato Galego de barcos de equipo K4 en Castrelo de Miño, onde tamén participaban os irmáns Prada. Así o K4 de  Joaquín Iglesias-Adrián Prada-Mikel Ordóñez-Brais Sánchez, logrando facerse coa cuarta posición e, noutro barco, Iago Monteagudo-Raúl Prada-Pablo Silva-Adrián Mosquera, que se posicionaban no sétimo lugar.

Fotos cedidas.

Back to top button