EconomíaEconomíaÚltima hora

As novas instalacións da Axencia de Viaxes Spain Trips, no Barco de Valdeorras

Ten programadas viaxes para vivir os Entroidos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo, os días 1 e 2 de marzo

 

Conscientes do gran potencial que ten Valdeorras e as comarcas limítrofes, para moitos grandes descoñecidas, nacía, hai aproximadamente dous anos, Spain Trips, un proxecto coa filosodía de que a xente “desfrute da viaxe, porque non só somos axentes e profesionais do sector, somos viaxeiros e como tal vendemos experiencias”, explican dende a axencia, destacando a boa calidade dos servizos que ofrecen. “Imos a bos hoteis, a bos restaurantes… Pretendemos que cada paquete sexa unha experiencia única, digna de contar”. E para iso, deseñan e organizan cada viaxe de forma personalizada, con ganas e ilusión, pensando sempre no cliente.

 

 

Tamén traballan como unha axencia receptora xa que “atraer ao turista para potenciar a comarca” era unha das ideas principais coas que arrincaban. Trátase de dar a coñecer a zona non só á xente de fóra senon para os propios veciños que ás veces non coñecen o que teñen máis cerca, con paquetes nos que intentan que esté todo incluído.

 

 

E nesa dirección van orientadas as viaxes que teñen programadas para este Entroido, a Vilariño de Conso (1 de marzo) e Viana do Bolo (2 de marzo). Xa o facían o ano pasado e neste 2025 repiten, incluíndo o autocar ida e volta, desfile de folións, seguro de viaxe e entradas ao xantar da Festa do Cabrito e Androlla, respectivamente.

 

 

Como axencia que son, tamén organizan as típicas viaxes, de esquí, ao Caribe,… ou a calquera destino imaxinable, en grupo e individual. Antes dende a sede en Barxela (Petín) e a edición dixital, e agora dende o local que abrían o 10 de febreiro na rúa Marcelino Suárez, 7 do Barco de Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella e Spai Trips.

 

Back to top button