A música é a súa fonte de inspiración, sobre todo a alternativa, de aí que escollese un establecemento hostaleiro, no que non deixa de soar, para amosar parte da súa obra.
A Cafetería Veira Sil, no Barco de Valdeorras, acolle dende hoxe unha exposición de Roberto Álvarez, artista da Rúa con raíces no Barco e Licenciado en Bellas Artes, titulada ‘Sintetizadores’ en homenaxe ás culturas pop que tanto o moven á hora de crear e que o levaron dende o 2001 a crear e formarse como artista. “Cadros cargados de referencias á música alternativa, rock, pop,… Temas similares ás carátulas dos discos con referencias á ilustración”, explica Rober, recoñecendo que leva a música no sangue e sempre sae á hora de crear.
Ademais tamén elixiu este título polo seu afán por “investigar sobre diferentes estilos de arte, contemporáneo, moderno, clásico tamén, do que sae o meu propio estilo, a miña propia voz”, di. Un estilo ecléptico difícil de definir pero doado de interpretar que pode verse en cada unha das 22 pezas (de pintura, collage e debuxo) que conforman a mostra que pode verse ata o 23 de marzo.

Roberto xa ten exposto noutros espazos no Barco como o Casino e á inauguración de ‘Sintetizadores’ celebrada na tarde deste soves 20 de febreiro, asistían familiares coa súa nai á cabeza, artistas da comarca, e representantes culturais como o presidente da Sociedade Casino do Barco, Pablo Dobao e o presidente do IEV, Aurelio Blanco, entre outros.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver



