Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Ruta por Noceda do Bierzo de Huellas de Cabrera

 

Entre fermosas paisaxes, carballos, ríos, fervenzas e fontes discorría a ruta que na pasada fin de semana realizaba a Asociación Huellas de Cabrera en Noceda, na comarca do Bierzo. A ruta, de pouca dificultade, comezaba en Noceda, e cruzando varias pontes sobre o arroio Beneiro. No percorrido, que realizaban unhas 11 persoas da asociación, podían verse tamén numerosas fontes, cada unha co seu nome.

O camiño ascendía despois entre carballos ata chegar o punto máis alto do percorrido, onde se vía o Miradoiro da Gualta, onde facían unha parada para xantar, vendo tamén os cordal dos Aquilanos e o Teleno e, abaixo, a localidade de Noceda do Bierzo.

 

 

A partir de aí, os andaríns iniciaban o descenso, baixando por uns chanzos de cordas para poder suxeitarse, xa este punto é un pouco perigoso. Tamén na baixada podían desfrutar dunha primeira fervenza da Gaulta e, despois, doutra.

Fotos cedidas.

Back to top button