CulturaCulturaEntroido 2025Última hora

Peliqueiros de Matamá (Laza) polo Malecón do Barco de Valdeorras

 

José Blanco Diéguez leva anos vivindo no Barco de Valdeorras (foi xogador do CD Barco) pero é natural de Matamá, unha localidade do concello de Laza que vive fortemente o Entroido, cos Peliqueiros como protagonistas.

 

 

De aí que na tarde do venres 28 de febreiro decidise pasearse polas rúas do Barco vestido, xunto ao seu neto, co traxe de Peliqueiro, sorprendendo aos viandantes cos que se atopaban polo paseo do Malecón.

 

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button