EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A XXVI Feira do Viño de Valdeorras adiántase á fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño

Imaxe dunha edición anterior da feira. Foto: A.R.

 

A vixésimo sexta edición da Feira do Viño de Valdeorras celebrarase a fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño. Esta é a data elexida e aprobada polo pleno do Consello Regulador, celebrado na mañá deste xoves na súa sede de Vilamartín de Valdeorras. A decisión converte á cita de maior exaltación do viño valdeorrés, na máis temperá escollida de cantas se teñen celebrado ata agora en Valdeorras.

Ademais, no pleno de hoxe, informábase tamén dos resultados da auditoría documental da ENAC – Entidade Nacional de Acreditación –, evaluación na que non se obtivo ningunha “Non Conformidade”. Dito proceso tiña a súa continuación coa auditoría de adega, que hoxe mesmo tamén estase levando a cabo.

A orde do día tamén contemplaba o nomeamento do representante do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) e o seu substituto, a do prezo de verificación do viño rosado e a revisión das taxas analíticas, e a aprobación da modificación de diferentes procedementos de avaliación e control de produto en viñedos e adegas.

Back to top button