
Non puido ser. Tras unha primeira parte impecable, na xornada deste sábado 8 de marzo a selección galega Sub14 de fútbol sala feminino caía en semifinais ante Cataluña “cun resultado moi avultado para os que as galegas ofreceron na cancha”.
Adiantábanse as catalás na primeira parte 1-0; a comezo da segunda 2-0 e arrancada de Galicia 2-1 na cal nun asedio á portería de Cataluña os paus e paradas da súa cáncerbera foron decisivos. Vera Rodríguez, a xogadora valdeorresa, tivo minutos de gran xogo coas súas compañeiras, “tesón e loita por alcanzar a gran final pero a sorte neste caso non lles acompañou e Cataluña levou o partido”. Con todo foron felicitadas polas súas adestradoras e todo o público presente polo gran partido. “Inmenso torneo que nos ofreceron”, aseguran os afeccionados.

Este é un paso máis no fútbol sala feminino valdeorrés logrado por Vera e o gran sabor de boca que deixou no torneo con 5 goles e un gran xogo, demostrando o importante de formar parte desta gran selección galega, aos seus 13 anos, logrando ser unha auténtica campioa e demostrar a súa gran madurez deportiva que vai fraguando día a día cos seus triunfos.
Chegando a semifinais do campionato de España, a de Galicia sitúase entre as 4 mellores seleccións do país.

Fotos cedidas.



