“Xuntos é Mellor”. Este é o lema da campaña que O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) vén de lanzar con motivo da celebración do Día Pai. Trátase dunha “iniciativa que busca celebrar a figura paterna e a importancia dos lazos familiares. A través desta campaña, queremos destacar que a unión e o tempo compartido son os mellores agasallos que podemos ofrecer aos nosos pais, e que mellor forma de pasar tempo xuntos que de compras polo comercio local”, sinalan dende o Barco CCA.
Así. neste 2025, o CCA O Barco entregará un agasallo para festexar o Día do Pai no marco desta campaña, que terá lugar o martes 19 de marzo en horario de 10:30 a 13:30 horas nun expositor do CCA que estará ubicado na Praza do Concello.
“Para facerte co agasallo, é obrigatorio presentar un tícket de compra mínima de 5€ dalgún establecemento asociado ao CCA O Barco, con data do mesmo día. Os tíckets de compra depositaranse nunha urna para participar nun sorteo de dous vales de compra por valor de 50€ cada un,para investir nos establecementos asociados”, explican dende a asociación.
