Esta semana os Ecovixiantes de Franciscanas participaban nunha actividade científica na Aula da Natureza de Oira con personal de Viaqua titulada ‘Aqualoxía’.

Da man das personaxes de Aqualoxía, os monitores iniciaron ao alumnado no coñecemento da auga da cidade de Ourense mediante recursos educativos dixitais e interactivos.

Pola súa banda o alumnado realizou actividades prácticas sendo parte activa no desenvolvemento dun conto, xogando a descubrir o consumo da auga, descubrindo a rede de transporte de augas, practicando a xestión da auga dunha cidade, ou reflexionando sobre cómo evitar que se manche a auga e experimentando técnicas de laboratorio para analizar e limpar a auga.

Fotos cedidas.



