Entre o 1 e o 4 de marzo vivíase de xeito especial o Entroido de Sande, no concello de Cartelle. O sábado era o día do xantar nas adegas de Mogos, con animación musical e saída para capturas ao Oso con degustación de “Sopa de pedra”.


O domingo, as Bonitas recibían aos fregueses á saída da misa visitando despois as aldeas da parroquia. E xa o Martes de Entroido celebraban o día grande co tradicional percorrido de Bonitas, Oso, Vaca e Avutardas, pola aldea coa charanga Sorcha. Ese día tamén houbo xantar popular baixo a carpa e a procesión do “toxo licoreiro” ata a praza do Cruceiro, onde remataba a festa con música, baile e os “números”, pequenas pezas satíricas interpretadas polos veciños que recollen sucesos que pasaron no pobo, pero tamén a nivel galego e mesmo nacional.

Fotos: Carlos G. Hervella.



