Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Bos resultados para os valdeorreses no Campionato Escolar Provincial de Orientación

Marcos Agudo (Our-O) era 1º en infantil masculino e Joaquín Daga (Colexio Pablo VI-Fátima) 3º en cadete masculino

 

A área Termal de Barbantes Estación, Cenlle, acollía na xornada deste xoves 13 de marzo o Campionato Escolar Provincial de Orientación no que participaban case 300 nenos da provincia.

Promovida polo programa XOGADE e o Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Ourense, a actividade contou coa colaboración e apoio do Concello de Cenlle, da A.D. Limiactiva e do club Our-O, representado por catro orientadores, dúas cadetes femininas e dous infantís masculinos.

 

 

Con respecto aos resultados, as cadetes Marta Agudo e Martina Aller obtiñan o 8º e o 10º posto, respectivamente. Pola súa banda os infantís, Marcos Agudo e Brais Rodríguez conseguían 1º e 5º posto do caixón.

Nesta competición destaca tamén a terceira posición conseguida por Joaquín Daga do Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa na categoría de cadete masculino.

 

 

“Estamos moi contentos de ver que a orientación crece aos pouco, converténdose nun referente no deporte escolar”, aseguran dende o club Our-O, adiantando que a competición continuará na comarca de Valdeorras coa organización de dúas probas oficiais no Bolo, unha a pé e outra MTB, os días 22 e 23 de marzo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button