
Dende a Asociación Valdeorresa de Apicultores, que celebraba na pasada fin de semana a súa asemblea anual, solicitábase a colaboración da veciñanza da zona para trampear e loitar dese xeito contra a expansión da vespa velutina.
O presidente da asociación, Armando Rodríguez, insiste na importancia de realizar o trampeo da Vespa velutina e de capturar as raíñas durante a primavera para interromper o seu ciclo e, dese xeito, frear a expansión deste insecto invasor pola comarca, onde xa ten unha notable presenza. Nese senso, pide a colaboración da poboación.
¿Como se fai o trampeo? A preparación e instalación de trampas contra estes insectos é algo sinxelo. As trampas fanse a partir dunha botella de plástico de auga baleira, á se que lle fan dous buracos (por exemplo, cunha broca) un enfronte do outro, cunhas dimensións entre 8,5 e 9 mm, e un pouco antes do inicio do colo da botella. Nela introdúcese un líquido atraínte, feito con dúas partes de zume de arandos e unha parte de viño branco, ocupando 4 dedos ou un poquiños máis do fondo da botella.
A modo de exemplo, o líquido para tres trampas é: 1 litro de zumo de arándanos, ½ litro de vino blanco, 4 culleradas de vinagre e 1 gota de Fairy.
Ademais tamén se pide a colaboración da veciñanza a partir de agora para localizar e poder neutralizar os niños de raíña.