Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A II Carreira dos Picariños do Xeoparque Montañas do Courel volta o vindeiro 3 de abril

O evento será organizado polo Quiroga Trail Challenge e vai dirixido ao alumnado dos tres centros educativos deste Xeoparque

 

O Quiroga Trail Challenge continúa ampliando o seu impacto na comarca, achegándose agora aos máis pequenos. Por segundo ano consecutivo, a organización decide levar a cabo unha carreira exclusiva para os nenos e nenas dos centros educativos do Xeoparque Montañas do Courel. Este evento permitirá a participación de alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria dos tres centros da zona: o CEIP de Quiroga, o CEIP de San Clodio e o CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel.

A carreira, que se celebrará o 3 de abril ás 11:30 horas na praia fluvial de San Clodio, contará con diferentes distancias adaptadas ás idades dos participantes, asegurando que todos os nenos poidan gozar da actividade de forma segura e divertida. O obxectivo do QTC é promover o deporte entre os máis novos, ao tempo que busca que as futuras xeneracións empecen a sentir o espírito da carreira como algo próximo, propio da súa terra.

Desde a organización do Quiroga Trail Challenge, tamén se expresou un agradecemento especial aos tres concellos implicados —Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel— pola súa total colaboración, así como ao Xeoparque Mundial da Unesco, cuxa participación, destacan, é fundamental para o desenvolvemento desta actividade.

 

Back to top button