EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada sobre as novas obrigacións en materia de facturación electrónica, en Viloira (O Barco)

Está organizada por AEVA e terá lugar o vindeiro 2 de bril ás 16h. na Casa Grande

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) convoca a empresarios, profesionais e autónomos a unha xornada presencial titulada “Factura electrónica: novas obrigacións no ámbito da facturación”, que se celebrará o mércores 2 de abril ás 16:00 horas na Casa Grande de Viloira, no Barco de Valdeorras.

“O obxectivo deste encontro é informar sobre os cambios normativos que introduce a nova lexislación sobre facturación electrónica, con especial atención á Lei Crea e Crece e a Lei Antifraude, así como resolver dúbidas prácticas sobre a súa implementación”, asegura a asociación.

A xornada contará coa participación de María Liébana e Jaime López, representantes do Grupo Solitium, especialistas en solucións dixitais e tecnolóxicas para empresas. A asistencia é gratuíta, pero é necesario confirmar asistencia antes do martes 1 de abril ás 15:00 horas, a través de formulario de inscrición dispoñible na páxina web de AEVA.

Para máis información, os interesados poden contactar con AEVA a través do correo electrónico aeva@empresariosdevaldeorras.com ou no teléfono 988 32 11 50. Con esta acción, AEVA “reforza o seu compromiso de apoio ao tecido empresarial de Valdeorras, facilitando o acceso a información actualizada e útil para afrontar os retos normativos con garantías”, di esta entidade.

Back to top button