DeportesÚltima hora

O Reto Solidario en bicicleta ‘Quen non arrisca, non vive’ unirá A Rúa e Almendralejo en dúas etapas

Levarase a cabo do 4 ao 6 de abril cunha pequena ruta urbana pola Rúa o primeiro día

As concelleiras da Rúa, Mari Álvarez e Ana Fernández co ciclista, Pedro Hierro./ Foto: RCB.

 

No marco da visita que a delegación ruesa facía a Almendralejo para tomar parte na 24ª edición do Salón del Vino y la Aceituna de Extremadura, Iberovinac, o ciclista almendralejense Pedro Hierro e a concelleira de Deportes, Carolina Prezado, mantiñan na tarde do xoves 27 de marzo un encontro coa primeira tenente alcalde do Concello da Rúa, Ana Fernández Vizcaya e integrantes do equipo de Goberno.

Tal como publica RCB, durante o encontro charlaban sobre o VI Reto Solidario ‘Quen non arrisca, non vive’, que unirá as dúas localidades irmandadas (A Rúa e Almendralejo) en tan só dúas etapas. A sexta edición deste reto, levarase a cabo do 4 ao 6 de abril, e suporá percorrer unha distancia aproximada de 650 quilómetros.

O primeiro día partirán en tres vehículos cara a terras galegas, tendo programada unha pequena ruta urbana na Rúa co obxetivo de promocionar os municipios nas redes sociais. Xa durante a segunda xornada dará comenzo a aventura cunha primeira etapa que os levará a Salamanca, mentres que o terceiro día será a segunda etapa ata Almendralejo.

 

Artigos relacionados

Back to top button