EconomíaEconomíaÚltima hora

O IX Viñotapeo de Quereño (Rubiá) será o 3 de maio

Unhas dez adegas abrirán as súas portas neste percorrido gastronómico e festivo que implica ao conxunto da veciñanza

Unha das adegas da pasada edición./ Foto: A.R.

 

A novena edición do Viñotapeo de Quereño (Rubiá) xa ten data. Este percorrido gastronómico e festivo que se desenvolve polas rúas da localidade e que cada ano atrae a máis participantes terá lugar o sábado 3 de maio a partir das 20h.

Nesta edición contará con dez adegas de diferentes barrios nas que se ofrecerá ao público viño e outras bebidas, xunto con variados e saborosos petiscos. Serán as do Barrio do Regueiro, A Currelada, O Quintairo, A Igrexa, As Cortiñas, A Teixeira, A Estación I, A Estación II, A Estación III e a Estación IV. Ademais o ambiente estará animado pola música dunha charanga.

A entrada para poder participar neste Viñotapeo será de 12 euros e con ela entregarase unha taza e un pano. O punto de venda situarase, como en anteriores edicións, á entrada de Quereño esa mesma tarde.

Back to top button