EconomíaEconomíaÚltima hora

40 empresas e autónomos asisten á xornada formativa de AEVA sobre a factura electrónica e as novas obrigacións legais

 

A Casa Grande de Viloira acollía unha xornada formativa organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) que baixo o título “Factura Electrónica: novas obrigacións no ámbito da facturación”, contou cun total de 40 asistentes, entre empresas e persoas autónomas da comarca.

A sesión, organizada en colaboración con Grupo Solitium, tña como obxectivo “analizar en profundidade a nova normativa que regula a facturación electrónica en España, así como as súas implicacións xurídicas, fiscais e técnicas”, din dende AEVA, explicando que entre os contidos abordados destacaron os prazos de implantación obrigatoria, o impacto da Lei Antifraude e a Lei “Crea e Crece”, as sancións previstas para quen non se adapten a tempo, e a necesidade de utilizar software empresarial homologado.

 

 

Os encargados da exposición ofreceron “unha visión clara e práctica dos cambios lexislativos que afectan directamente a autónomos e pemes, resolvendo ademais numerosas dúbidas expostas polos asistentes”, aseguran dende AEVA, destacando a importancia de que as empresas se anticipen e adáptense canto antes a esta nova obrigación legal, que marca un antes e un despois nos procesos administrativos e contables. “Non se trata só de cumprir cunha esixencia legal, senón de modernizar as nosas ferramentas e procesos para gañar en eficiencia e transparencia”, sinalan desde a organización.

A xornada enmárcase no compromiso de AEVA coa formación continua do tecido empresarial de Valdeorras, co obxectivo de “facilitar a transición dixital e o cumprimento normativo das empresas da comarca”.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button