EconomíaEconomíaÚltima hora

As novidades normativas do IRPF, nunha xornada organizada por AEVA o 10 de abril

Será ás 19h. no Multiusos do Barco e estará impartida por Miguel Ángel Garrido, administrador da AEAT en Valdeorras

Miguel Ángel Garrido, noutra charla impartida no 2024./ Foto: A.R.

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) organiza o vindeiro xoves 10 de abril a xornada presencial titulada “Novidades Normativas IRPF 2024”, enmarcada no programa Aevaemprégate VII, e que conta coa colaboración da Deputación de Ourense.

A cita terá lugar ás 19:00 horas no Salón de Actos do Edificio Multiusos do Concello do Barco de Valdeorras, e estará dirixida por Miguel Ángel Garrido Gómez, administrador da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) no Barco de Valdeorras, quen abordará as principais actualizacións lexislativas que afectan o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) no exercicio 2024.

A asistencia a esta xornada é gratuíta para as persoas asociadas a AEVA, e requírese inscrición previa. O prazo para reservar praza finaliza o mércores 9 de abril ás 14:00 horas.

“Esta acción enmárcase no labor de AEVA de ofrecer formación actualizada e de calidade para apoiar a xestión empresarial e o coñecemento normativo entre o tecido económico de Valdeorras”, comentan dende a asociación.

Para máis información:

https://www.empresariosdevaldeorras.com/ ou o correo aeva@empresariosdevaldeorras.com ou chamando ao teléfono 988 32 11 50.

Back to top button