OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas celebran a chegada da primavera cunha camiñada e a preparación do horto escolar

 

O grupo de Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense celebraba a chegada da primavera cunha camiñada por Palmés con Luis Amigo da Aula da Natureza e con Raúl, ademais de monitoras de tempo libre de Cruz Vermella.

 

 

“Un paseo onde identificamos pegadas e rastros animais, plantamos árbores, identificamos os sons da natureza, coñecemos anfibios, especies arbóreas mediterráneas e atlánticas, e ata o forno comunal da Conchada e o mosteiro en ruínas de Santa Comba de Naves”, esplica o profesor Gonzalo Sánchez, destacando a realización de hábitos de vida saudable.

Horto escolar

Nesta semana os Ecovixiantes continuaron tamén cos preparativos do horto escolar no antigo estanque da aula da Natureza de Oira.

 

 

Con Luis Amigo e Cristina de Milhflor, e monitoras de Cruz Vermella, prepararon a zona quitando herbas, colocando alcorques pintados a semana anterior, e preparando o horto para unha próxima plantación.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button