ConcellosRubiáÚltima hora

Unha persoa resulta ferida nun accidente de tráfico na N-120, no concello de Rubiá

 

Na mañá dese sábado 5 de abril, os servizos de emerxencias atopaban un coche accidentado baleiro en Rubiá logo de recibir o aviso do propio implicado, tal como indican dende o 112 Galicia, explicando que o suceso tiña lugar contra as 6 horas.

“As primeiras informacións chegaron a través dun aviso automático do teléfono do implicado, quen pouco despois confirmou que sufrira un accidente no quilómetro 439 da N-120, en Pardollán (Rubiá). Aínda que inicialmente explicou que non precisaba asistencia sanitaria, pouco despois sinalaba que si que podería necesitala”, aseguran dende o 112, puntualizando que cando os servizos de emerxencias chegaron ao punto para comprobar a situación, “atopáronse co vehículo accidentado nunha zona de monte, pero non había ninguén no interior ou nas inmediacións”.

Os Bombeiros e o GES de Valdeorras colaboraron coa Garda Civil de Tráfico para rastrear o lugar, sen éxito. Finalmente “os axentes da Garda Civil localizaron á persoa, que fora trasladada ao hospital por un veciño”, din incluíndo que tamén informaran a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

 

Artigos relacionados

Back to top button