Dende o mesmo inicio da liga, alá polo mes de setembro de 2024, sabían que ía ser unha tempada complicada e os resultados estanlles dando a razón. O CD Viana non se dá adaptado á categoría (ascendía o ano pasado a Primeira Futgal) e trala tres últimas derrotas consecutivas, mantense nos postos de decenso.



A última derrota (a número 16), colleitábana os celestes na tarde deste domingo 6 de abril en casa, no campo das Carrelas, no partido da xornada 29ª contra o CD Maceda.

Era un partido importante para os vianeses e saían, arroupados pola afección, coa firme intención de sumar os tres puntos en xogo pero, xa no minuto 10 marcaban os visitantes (que tamén contaban cun bo número de seguidores nas bancadas) e, malia non haber máis goles por parte de ningún equipo, o 0-1 bastaba para afastarse un pouco máis dos postos de salvación.

Así, o CD Viana comeza o mes de abril no posto 16º da clasificación, cinco puntos por debaixo do 15º, o Loñoá. A seguinte cita será, de novo en casa, nin máis nin menos que fronte ao líder, o Antela FC que esta tarde vencía 5-0 ao CD Córgomo Vilamartín.

Fotos: Carlos G. Hervella.



