Mañá, martes 8 de abril comezará no Barco de Valdeorras a rodaxe de Dopamina Zero, a nova curtamentraxe do director Rodrigo Marini (arxentino residente en Madrid con fortes vínculos familiares e de amizade en Valdeorras).



Para iso, na xornada deste luns desprazábase ata a comarca valdeorresa o equipo formado por unha trintena de persoas (elenco artístico e técnico) co propio director á cabeza, que antes da presentación do proxecto á prensa, facía unha unha parada na Rúa para visitar e xantar na Adega Alán de Val.

Co val de fondo, actores, directores, produtores e demais, compartían un viño co anfitrión, Joaquín Sánchez.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.



