Comeza a rodaxe de Dopamina Zero no Barco de Valdeorras. Tal e como estaba previsto, na mañá deste martes 8 de marzo, o equipo dirixido por Rodrigo Marini e David Santamaría depregábase na primeira das localizacións para iniciar os traballos.
Dende as 10 horas e durante toda a mañá o Café Teatro Bajo 5, pechado ao público para a ocasión, convertíase nun plató de cine no que técnicos, directores e actores comeazaban a dar forma ao proxecto cinematográfico máis persoal de Marini, a curta que achegará ao público luz sobre a enfermidade do Párkinson, co trasfondo da música e o amor.
Pola tarde a rodaxe será no interior dun piso na céntrica rúa Marcelino Suárez.
Fotos: Mónica G. Bellver.



