
A Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) lanza a campaña “Xoves Santo Verín Aberto” co obxectivo “incrementar o poder de atracción da zona, incentivar as vendas polas datas sinaladas da Semana Santa, fidelización de clientes”. Máis de 70 establecementos abrirán as súas portas nunha data san sinalada como o Xoves Santo nesta vila.
Neste senso a campaña inclúe un sorteo de 2 cheques regalo de 50 € cada un para mercar no comercio local. Para partic¡par no sorteo os clientes deberán rexistrar as súas compras realizadas o Xoves Santo 17 de Abril no https¡//ccaverin.com/xoves-santo’aberto-2025/ou a través do códigoQR.
“Poden participar as veces que desexen así terán más oportunidades. Só teñen que mercar nos establecementos asociados que partic¡pan na campaña “Xoves Santo Aberto” “, indican dende AEVER.
O día 21 procederase o sorteo online a través de Google e porase nas nosas redes sociais da entidade. Os gañadores terán ata o 30 de abril para gastar os vales de compra.
Esta campaña está cofinanciada pola Xunta.