EconomíaEconomíaÚltima hora

O CCA O Barco amosa o seu apoio aos comerciantes “nesta nova onda de roubos”

Fai un chamamento a toda a cidadanía para que "se una a nós na defensa do comercio local"

 

A xunta directiva da Asociación Centro Comercial Aberto o Barco vén de emitir un comunicado no que amosa o seu apoio a todos os comerciantes nesta nova vaga de roubos.

“Nos últimos días, a nosa comunidade está a sufrir unha preocupante onda de roubos que está afectando gravemente ao comercio local”, din desde a Asociación manifestando “o noso firme apoio a todos os comerciantes que están a pasar por esta difícil situación”.

Aseguran que “o comercio local é un pilar fundamental da nosa economía e da nosa identidade, e é esencial que todos nos unamos para protexer e apoiar aos nosos negocios”, mostrando o seu agradecemento “de maneira especial aos medios de seguridade, á Policía Local e á Garda Civil polo seu incansable traballo na loita contra a delincuencia. A súa dedicación e profesionalidade son fundamentais para garantir a seguridade dos nosos comerciantes e da cidadanía en xeral. A súa rápida resposta e colaboración son moi valoradas e contribúen a restablecer a confianza na nosa comunidade”.

Dende o CCA tamén expresan o seu “agradecemento ao Concello do Barco polo seu apoio constante e as medidas que están a implementar para reforzar a seguridade no noso municipio”, din, asegurando que “a colaboración entre as autoridades e os comerciantes é clave para afrontar esta situación e buscar solucións efectivas”. Por iso fan un chamamento a toda a cidadanía para que se una a eles na defensa do comercio local. “É momento de apoiar aos nosos negocios, de elixir comprar no noso comercio e de estar atentos para colaborar coas autoridades en caso de detectar actividades sospeitosas. Xuntos, podemos superar esta situación e seguir construíndo un futuro próspero para o comercio local”, conclúen dende a xunta directiva.

Artigos relacionados

Back to top button