EconomíaEconomíaÚltima hora

Mobilizacións no servizo de conservación de estradas para pedir melloras laborais

 

O cadro de persoal UTE Conservación Ourense 2021 vén de anunciar a convocatoria de protestas para reclamar melloras laborais. Así, segundo a CIG-Construción, “a UTE que se encarga do mantemento da Rede Autonómica de Estradas de Galiza (RAEGA) en Ourense, Celanova, Verín e A Rúa négase a aceptar as propostas da parte social en material salarial e de condicións de traballo, en especial no que ten que ver co servizo de retén e co plus de dispoñibilidade”.

Por iso, e tras varias xuntanzas para tentar mellorar o anterior acordo -asinado en 2021- as negociacións, segundo o sindicato, “déronse por rotas e as persoas traballadoras decidiron en asemblea comezar mobilizacións”. A primeira das protestas consistirá nunha concentración o vindeiro 2 de maio diante da sede ourensá da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button