EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Concertos e precata, na segunda xornada da XLV Feira do Viño de Amandi en Sober

Lucía Pérez, pregoeira desta edición, arranca a súa nova xira neste vila cun concerto a partir das 21:30 horas

 

Sober celebra neste sábado o segundo día da XLV Feira do Viño de Amandi. Pola mañá, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, a directora territorial de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, e polo alcalde de Sober, Luis Fernandez Guitian, visitaba os stands da marca Artesanía de Galicia situados na XLV Feira do Viño de Amandi, cuxo recinto feiral está instalado na praza do Concello.

De seguido, celebrábase un extraordinario concerto da Banda de Música de Sober con música de baile e pezas clásicas como o pasodobre Enrique López ou a selección de música de cine de John Williams.

Xa pola tarde, os membros da Federación Española de Enólogos encárganse da precata da que sairán os viños gañadores da Feira deste ano. Estase a desenvolver no Hotel Palacio de Sober organizado por Vinosacra.es.

 

 

Ás 18:30 horas tiña lugar a actuación da Batukada Baturruca. Xa pola noite, Lucía Pérez arranca a súa nova xira en Sober cun concerto a partir das 21:30 horas. Pecha a noite a actuación do grupo Gin Toni’s.

Mañá será o día grande da Feira co pregón de Lucía Pérez e a entrega de premios dos mellores viños da colleita de 2024.

Fotos cedidas.

 

Back to top button