EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cinco viños da D.O. Valdeorras, premiados nos Bacchus 2025

Entre eles figura o Gran Bacchus de Ouro que lograba o branco A Cercada 2024 da adega Santa Marta

 

No XXIII Concurso Internacional de Viños, Vermúts e Espirituosos, que se celebraba do 31 de marzo ao 4 de abril, resultaban premiadas cinco referencias de adegas da Denominación de Orixe Valdeorras. Entre elas destaca o Gran Bacchus de Ouro que lograba o branco A Cercada 2024 da adega Santa Marta.

Ademais, no apartado de Bacchus de Ouro resultaban galardoados o branco Fardelas 2024, tamén de Santa Marta, así como O Luar do Sil godello Vides de Córgomo 2022 de Pago de los Capellanes, e os tintos Costeira 2024 de Viña Costeira e Mencía Alan de Val 2024 de Alan de Val.

Back to top button