
Ante o falecemento do Papa Francisco, dende o Bispado de Astorga veñen de facerse públicas unhas palabras do seu representante, monseñor Jesús Fernández. “Aínda que a súa saúde era fráxil, sorprendeunos a súa morte. A morte sempre nos sorprende. Encomendamos á Señora a alma do Papa Francisco”.
Así mesmo, monseñor Jesús Fernández di que, “nun contexto de forte polarización, violencia, inxustiza e pobreza. Nun momento de forte secularización. O Papa Francisco, un home profundamente humano e crente, tendeu pontes, apostou pola paz, púxose ao lado dos emigrantes, dos pobres e excluídos”.
E engade que, “ao mesmo tempo, tratou de configurar unha igrexa próxima ás necesidades dos homes, compasiva e misericordiosa. Unha igrexa que, confiada na presenza do resucitado, navega polos mares deste mundo para levar a alegría do evanxeo a todos e particularmente ás periferias existenciais”.