Ás 13 horas deste sábado 3 de maio e cos paraugas e chuvasqueiros a man, comezaba unha nova edición da Ruta dos Fornos de Celavente, no concello do Bolo, que levará aos asistentes por seis fornos comunais e unha adega, ao longo dunha ruta circular duns 4,6 quilómetros, degustando produtos como chourizo asado, empanada ou lacón.

O pistoletazo de saída, coma sempre, corría a cargo do veciño Juan Corzo quen, malia non poder estar, enviaba unha copla que a xente escoitaba por megafonía antes de comezar o percorrido.

Pregón de Juan Corzo
Fotos, vídeo e audio cedidos.
Máis información e fotos:
Unhas 500 persoas desafían á chuvia na XV Ruta dos Fornos de Celavente (O Bolo)



