O Concello do Barco pon en marcha unha Escola de Baile Tradicional Galego, cuxas clases serán impartidas no Conservatorio do Barco por una profesora especializada en esta disciplina.

Para este primeiro ano de actividade da Escola, está prevista a formación de catro grupos de alumnos: un para nenos e nenas de entre 6 e 7 anos; outro entre 8 e 11 anos, un máis de entre 12 e 17 anos, e o último de 18 anos en adiante.
As prazas son limitadas, e serán necesarias como mínimo 6 persoas para formar cada grupo, con un máximo de entre 16 e 20 integrantes para cada un. As clases se impartirán os martes e xoves e serán de 45 minutos de duración para os nenos e nenas, e de 1 hora para os adultos.
O prazo de inscrición no conservatorio municipal estará aberto dende mañá, martes 13 de maio.



