A RúaConcellosÚltima horaVídeos

A procesión da despedida pon o ramo aos cultos na honra á Virxe de Fátima en Fontei (A Rúa)

 

Trala novena e a tradicional procesión das antorchas, os cultos na honra á Nosa Señora de Fátima na parroquia ruesa de Fontei, pechábanse hoxe coa procesión da despedida.

 

 

A chuvia estivo a piques de impedir, por segundo ano consecutivo, a solemne procesión vespertina na tarde deste martes 13 de maio, pero finalmente daba unha tregua e trala misa presidida polo párroco Daniel Pérez Quintela, que daba as grazas aos asistentes e aos sacerdotes que predicaron cada día na novena así como á Confraría que organiza os actos, ás 19 horas saía a comitiva cos nenos da Primeira Comuñón, e seguida por centos de devotos.

 

 

Como adoita ser habitual, en varios puntos do percorrido os devotos lanzaba pétalos de rosas ao paso da Virxe. E despois do percorrido polas rúas de Fontei ata a praza Enriqueta Casanova, a imaxe de Fátima era conducida pola Telesforo Ojea, Progreso, Doutor Vila, Miguel de Cervantes, Benito Fernández e Padre Feijóo, ata chegar novamente ao interior da igrexa cos fieis despedíndoa cos panos brancos ata o vindeiro ano, un dos momentos máis emotivos da celebración. Ao rematar, as flores da Virxe eran repartidas entre os asistentes

 

 

Con todo, o programa deste ano pecharase mañá, mércores 14 de maio, coa misa polos confrades difuntos, ás 20 horas, presidida por D. Severino Pérez.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.
Vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button