
A organización da I Andaina nocturna da Santa Compaña vén de abrir as inscricións desta proba, que se celebrará o sábado 21 de xuño. Terá como punto de saída o castelo de Arnado (Vilamartín de Valdeorras) ás 21:30h.
Esta actividade está organizada polo Concello Vilamartín, o Concello do Barco e Rutas Xanzá. As persoas interesadas pode realizar a súa inscrición en Foot On Mars no Barco, en Finar en Vilamartín e de forma online en sportmaniac.
A organización agradecerá que os participantes se disfracen coa temática da Santa Compaña. Ao completarse a proba, ademais dunha pancetada, haberá moitas sorpresas para os andaríns.
