DeportesKárateÚltima hora

2 pratas e 3 bronces para o KC River Stone (O Barco) na XIII Copa AKAI RYU disputada en Negreira (A Coruña)

 

O KC River Stone do Barco segue competindo. Na xornada do sábado 24 de maio facíao na XIII Copa AKAI RYU cunha pequena representación desprazada ata Negreira, A Coruña. “Alí puidemos desfrutar dun altísimo nivel, posto que tamén se desprazaron competidores da Real Federación Española de Kárate y Disciplinas Asociadas e Para-Karate”, aseguran dende o club que participaba na modalidade de kata, traendo para casa un total de 5 medallas (dúas de prata e tres de bronce) e varios diplomas:

Kata Infantil Masculino
RAÚLPÉREZ PANIZO, prata
ERIC RODRíGUEZ CARBALLO, bronce

Kata Infantil Feminino
DANIELA RODRíGUEZ FERNÁNDEZ, 7ª (Diploma)

Kata Cadete Masculino
DIEGO PRADA RODRÍGUEZ, bronce
BRIAN RODRÍGUEZ CARBALLO, 5ª (Diploma)

Kata Cadete Feminino
AINA MORAL CASTRO, bronce

Kata Veteranos Feminino ≥35
RAQUEL FERNÁNDEZ CRUZ, prata

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button