EconomíaEconomíaÚltima hora

Reunión da Mesa de Calidade do Xeodestino Trevinca-Valdeorras

 

Tamén esta mañá a Casa Grande de Viloira (O Barco) acollía unha reunión da mesa da calidade do Destino Trevinca-Valdeorras vén de aprobar tamén a distinción de 13 novos servizos que superaron a fase de formación e avaliación do Ciclo 1 e elevaranse ao comité de distinción nacional de SICTED que terá lugar en xuño, así como o paso ao segundo ciclo de 9 dos servizos turísticos que foron distinguidos no 2024.

Esta mesa de calidade está presidida polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández e nela están integrados tamén a deputada provincial e presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) de Valdeorras, María del Carmen González Quintela; a xerente da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), Teresa García Paradelo; o representante da Asociación de Axencias de Viaxe de Galicia (AGAVI), Benito Domínguez, que precisamente hoxe tomou posesión nesta mesa; as representantes da Ruta do Viño de Valdeorras, Montserrar Rodríguez e Cristina Núñez Prada; Marcos Pérez Rivas, da Asociación de Hostalería e Turismo de Trevinca; e o vicerreitor do Campus de Ourense, Francisco Javier Rodríguez Rajo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button