
O vindeiro venres 6 de xuño o pavillón vello do Barco acollerá a partir das 19h. unha exhibición de ximnasia rítmica, coa participación das nenas matriculadas este curso na Escolas Deportiva Municipal de Ximnasia Rítmica, tal e como vén de facer público o Concello do Barco a través das súas redes sociais.
Terminada esta actividade no pavillón, a partir das 20,00 horas, terá lugar a exhibición de zumba dos nenos e nenas da Escola Deportiva Municipal, neste caso na Praza do Concello. A continuación, as persoas que o desexen, de todas as idades, poderán participar, sen inscrición previa, na máster class de Zumba que se celebrará tamén na Praza do Concello. Esta master class está aberta a persoas de todas as idades, totalmente de balde.