Na tardiña deste domingo 8 de xuño a XII edición da Feira de 1812 en Petín baixaba o pano tras dúas animadas xornadas no casco vello da vila. E facíao con música tradicional.
Tralo exitoso concerto do cuarteto de corda Minuetto que enchía a igrexa parroquial na tarde do sábado, hoxe era a queda da agrupación Abertal da Rúa que animaba o ambiente ao son das gaitas, pandeiretas e tamboril. Facían un pasarrúas polas empedradas rúas do recinto feiral e tamén tocaban na praza diante do público que enchían as terrazas dos bares.
Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.



